SARGADELOS POXA UNHA PEZA EXCLUSIVA CUXO IMPORTE DOARÁ Á AECC
Coincidindo co Día Internacional contra o cancro de mama, SARGADELOS poxa unha peza exclusiva cuxo importe doará á AECC. Trátase dunha reinterpretación de Eva, a Muller Antropomórfica Fileteada, que modifica o seu decorado habitual converténdose nunha peza única digna de coleccionista. Esta característica reflíctese na base da figura coa inscrición “Peza exclusiva. 1/1. 19/10/2019”. A poxa realizarase a través da plataforma eBay ata o próximo 19 de Outubro de 2019. A cantidade recadada será doada á Asociación Española contra o Cancro. Se desexa participar pode facelo a través da seguinte ligazón: Plataforma eBay – EVA ACUARELADA SARGADELOS