01/06/2021
empresa ,

A FUNDACIÓN SARGADELOS RECUPERARÁ O MUSEO CARLOS MASIDE DE ARTE CONTEMPORÁNEO

O novo patronato da Fundación SARGADELOS pretende promover accións e recuperar espacios onde se divulgue a cultura industrial do Grupo e, en xeral, a defensa e promoción dos valores tradicionais e históricos da cultura galega. A recuperación e posta a disposición do público visitante do Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside, en O Castro (Sada); a potenciación de actividades nos renovados auditorios de Sargadelos, en Cervo, de O Castro, en Sada, e do Instituto Galego de Información (IGI), en Santiago de Compostela; e a realización dun simposio para estudo da paisaxe, a arquitectura e o urbanismo de Galicia son algúns dos acordos que adoptou o novo patronato da Fundación SARGADELOS, que quedou constituído o pasado luns, día 26 de outubro. Segismundo García, administrador único das empresas, tras dar a benvida aos novos patronos, resaltou que superadas as circunstancias adversas que atrevesou o grupo empresarial de SARGADELOS, entende que é un deber cívico, en estos tempos de pandemia, non amilanarse e acometer proxectos e iniciativas ilusionantes e que, en definitiva, redunden no benestar e na mellora  da nosa calidade de vida. O presidente da Fundación considerou un luxo a composición do actual Patronato, agradecendo a incorporación a título persoal do conselleiro de Cultura e Educación, D. Román Rodríguez, e dos representantes institucionais da Xunta e dos concellos de Cervo e Sada, onde SARGADELOS ten factorías. Expresou igualmente que, dada a aptitude e cualificación dos patronos, sería imperdoable que non se obtuvesen resultados brillantes. A realización dos estudos e xestións necesarias para a apertura ao público das instalacións do Museo Carlos Maside, en O Castro-Sada, que conta cunha das coleccións máis importantes de pintura e escultura galega, é un dos acordos adoptados polo patronato. Fixáronse xa prazos para os primeiros pasos neste obxectivo, que supoñería a súa apertura o próximo verán. A Fundación Sargadelos, sen ningún tipo de axuda pública, abreu xa aos visitantes o pasado verán as novas instalacións do Museo SARGADELOS, que tivo unha excepcional acollida, coa visita de 4.652 persoas. O museo expón pezas e obxectos únicos que mostran as diferentes etapas da emblemática cerámica de Galicia. As obras para este novo museo, colindante coa fábrica de cerámica, realizáronse por Sargadelos nas instalacións do antiguo Seminario de Formas, que as fábricas adquiriron o pasado ano para a súa posta a disposición da Fundación. No mes de setembro do próximo ano celebraranse as primeiras Xornadas de Arte e Deseño que nesta ocasión estarán dedicadas a cuestionar e reflexionar sobre o paisaxe e a arquitectura galega, co fin de prestixiar o noso hábitat e desterrar no posible, malos hábitos que, en ocasións, abochornan ó visitante. O novo patronato quedou constituído por Segismundo García, presidente; o economista Alberto Leiro, como vicepresidente e tesoureiro; Luis Rodríguez (Lois Caeiro) como secretario; Román Rodríguez, profesor titular da USC e conselleiro de Educación; Bieto Rubido, xornalista, Camilo Díaz, na representación do Laboratorio de Formas. E en representación da Xunta de Galicia e dos concellos de Cervo e Sada, Anxo M. Lorenzo, director Xeral de Políticas Culturales e os respetivos alcaldes, Alfonso Villares e Óscar Benito Portela.